Plataforma de documentación marítima · Galicia

Zarpa en regra,
sen papelame.

O enrole, a documentación e o cumprimento da túa flota —pesqueira ou de recreo— verificados e nun só sitio. O que hoxe son chamadas, papeis e viaxes a Capitanía, en minutos desde calquera lugar.

Con valoración favorable por escrito da Dirección Xeral da Mariña Mercante.

Semáforo de frotaExemplo
Alborada3ª · baixura A ITB caduca en 12 días
Nuevo Rosa Mari3ª · baixura Lista para saír
Mar de Ons3ª · altura Médico ISM a 30 días
Virxe do Carme3ª · baixura Lista para saír
Punta Cabalo3ª · altura Falta maquinista
Illa de Arousa3ª · baixura Lista para saír
6 buques · 41 tripulantes3/6 en verde
60·30·15 días de antelación nos avisos de caducidade
12 m a flota de baixura xa pode declarar en réxime simplificado
2021 desde entón, as titulacións náuticas son dixitais de orixe
A app por dentro

Así é EnrolaMar por dentro.

Pantallas da plataforma: o que ve a armadora, o tripulante e a empresa de chárter.

Armadora · confraría

Toda a frota dunha ollada

O panel xunta barcos, tripulantes e documentos por caducar. O que precisa atención sae primeiro.

  1. Indicadores da frota
  2. Alertas dos próximos 15 días
  3. Estado de cada embarcación
Patrón · armadora

Enrolar en tres clics

Dende a ficha do barco escolles o tripulante e o seu cargo a bordo. A dotación mínima recalcúlase ao momento.

  1. Escolle un tripulante conectado
  2. Asigna o cargo a bordo
  3. Máquinas queda cuberta
Tripulante

No móbil do mariñeiro

O tripulante ve se está en regra, que lle falta para embarcar e que armadoras queren o seu perfil. Compartir os seus documentos sempre é decisión súa.

  1. O seu semáforo e o seu plan de ruta
  2. Unha armadora convídao
  3. Acepta e dálle acceso
Chárter · Lista 6ª

Check-in no pantalán

Antes de cada saída apúntase quen manda a embarcación, con que título e quen vai a bordo. Se o título está caducado, o semáforo márcao en vermello.

  1. Novo check-in
  2. Patrón, titulación e pasaxeiros
  3. Rexistrado para a inspección
Para a confraría

Toda a frota do porto, en verde antes do amencer.

O administrativo da confraría actualiza, o barco ponse en verde e pode faenar.

6 / 12 buques listos para saír
Para quen
Pesca profesional

O enrole, de días a minutos

Hoxe o relevo dun tripulante son chamadas, papeis e unha viaxe a Capitanía — e co RD 186/2023 o patrón responde de que todo estea en regra. EnrolaMar quítalle ese peso.

  • Tripulantes verificados, con títulos e médico comprobados.
  • O expediente de despacho completo, listo para presentar na sede electrónica.
  • Declaración simplificada de capturas para a flota de baixura, desde o caderno do patrón.
Son armadora ou patrón → quero a beta
Náutica de recreo

Que nunca te pare un papel

A normativa esixe levar a documentación a bordo, e un só certificado caducado pode custarche unha sanción. EnrolaMar organízaa, verifícaa e avisa antes de que venza.

  • Navegabilidade, ITB, seguro, folla de asento e titulacións, verificados.
  • Alertas a 60, 30 e 15 días de cada caducidade.
  • E traballamos coa Administración para que, nunha inspección, o axente consulte a túa documentación co DNI — sen depender do papel.

Hoxe a norma segue esixindo a documentación orixinal a bordo. O acceso de consulta para autoridades está en trámite como piloto coa Administración marítima.

Preguntas frecuentes

O que nos preguntan no porto

EnrolaMar substitúe a Capitanía ou os sistemas oficiais?
Non: somos unha capa de valor sobre os sistemas oficiais. Recompilamos, verificamos e deixamos todo preparado; a presentación final faise na sede electrónica coa túa identidade dixital. Traballamos coa Administración para que esa integración sexa cada vez máis directa.
Podo deixar de levar os papeis a bordo?
Aínda non: a normativa vixente esixe a documentación orixinal a bordo. O que facemos hoxe é que a teñas sempre en regra e localizada, con avisos antes de cada caducidade. E estamos traballando coa Administración marítima nun piloto para que o axente poida consultala electronicamente co teu DNI — o paso que fará innecesario o papel.
Que significa que a documentación está "verificada"?
Que non é autodeclarada: o noso equipo comproba a autenticidade e a vixencia de cada documento (as titulacións náuticas, por exemplo, levan sinatura electrónica e código de verificación desde 2021). Por iso unha armadora pode fiarse do perfil dun tripulante, e unha autoridade, do estado dun barco.
Canto custa?
Para o tripulante, EnrolaMar é gratis sempre, en cumprimento do Convenio MLC 2006. Para armadoras, confrarías e recreo hai subscricións por embarcación. Durante a beta, o acceso é gratuíto para quen participa: escríbenos e contámosche.
Que pasa cos meus datos?
Os teus documentos son teus. O acceso de consulta para autoridades é en modo só lectura, require o teu consentimento expreso e cada consulta queda rexistrada — e ti ves ese rexistro. Todo conforme ao RXPD, sen cesións masivas de datos.
Cando estará dispoñible?
Estamos en beta con armadoras, patróns e navegantes de recreo das Rías Baixas, e abrindo grupos de proba con asociacións de navegantes. Únete á beta e sé dos primeiros — a túa opinión orienta o que construímos.

O papelame, en terra.
Ti, ao mar.

Estamos en beta con armadoras, patróns e navegantes de recreo. Súmate e axúdanos a construílo contigo.

Ou escríbenos directamente: pablo@enrolamar.com · 633 927 337