O enrole, a documentación e o cumprimento da túa flota —pesqueira ou de recreo— verificados e nun só sitio. O que hoxe son chamadas, papeis e viaxes a Capitanía, en minutos desde o móbil.
Con valoración favorable por escrito da Dirección Xeral da Mariña Mercante.
EnrolaMar non substitúe a Capitanía nin o diario electrónico: recompila, verifica e deixa todo preparado para presentalo sen erros nin esperas.
Títulos, certificados do barco, seguro, recoñecementos. Unha soa vez, desde o móbil ou o ordenador.
O noso equipo comproba autenticidade e vixencia. Nada autodeclarado: só documentación verificada, con avisos antes de cada caducidade.
Semáforo verde: enrole, despacho ou saída preparados e listos para presentar. Sen colas, sen sustos de última hora.
Unha soa conta pode ter varios roles: o tripulante que ademais ten barco cambia de sombreiro sen cambiar de sesión. Elixe o teu perfil:
Cada barco coa súa tripulación e a documentación de cada persoa, co seu estado en tempo real.
Co RD 186/2023, es ti quen declara que todo está en regra antes de despachar. EnrolaMar comproba e prepara; ti asinas tranquilo.
Os teus títulos e recoñecementos nunha carteira dixital que te segue de barco en barco.
Cadro de mando da flota asociada: quen pode saír, quen ten algo pendente e onde fai falla botar unha man.
A documentación que che poden pedir en calquera inspección, verificada e con avisos antes de caducar.
Hoxe o relevo dun tripulante son chamadas, papeis e unha viaxe a Capitanía — e co RD 186/2023 o patrón responde de que todo estea en regra. EnrolaMar quítalle ese peso.
A normativa esixe levar a documentación a bordo, e un só certificado caducado pode custarche unha sanción. EnrolaMar organízaa, verifícaa e avisa antes de que venza.
Hoxe a norma segue esixindo a documentación orixinal a bordo. O acceso de consulta para autoridades está en trámite como piloto coa Administración marítima.
Acceso de só lectura · co consentimento do titular · cada consulta queda rexistrada · RXPD.
O marco legal leva anos empuxando cara ao mar sen papeis. EnrolaMar é a peza que o fai real.
A DGMM (BOE-A-2021-8450) establece a súa expedición con sinatura electrónica, QR e código unívoco. O orixinal é o documento electrónico; o papel, unha copia.
A declaración responsable traslada ao patrón a verificación previa ao despacho, e o trámite preséntase electronicamente.
O novo Regulamento de Control impulsa o diario e a declaración de capturas dixitais, con réxime simplificado para a flota de menos de 12 m.
O axente no pantalán non ten ferramenta de consulta. Iso é exactamente o que EnrolaMar achega: a verificación electrónica que a propia norma xa presupón.
Co noso módulo de saídas publicas datas e prazas, recibes reservas e cada saída sae verificada: seguro de pasaxe, patrón habilitado e lista de pasaxe. Ti pos o mar; do papelame encargámonos nós.
Unha ferramenta así axudaría a verificar o cumprimento normativo e apoiaría a seguridade marítima.
Valoración por escrito · Dirección Xeral da Mariña Mercante
Estamos en beta con armadoras, patróns e navegantes de recreo. Súmate e axúdanos a construílo contigo.
Ou escríbenos directamente: pablo@enrolamar.com · 633 927 337